
Van pasados máis de mil anos dende que, no alborexar do segundo milenio, ou talvez no remate do primeiro da nosa era, comezaron as peregrinacións a Compostela. Daquela, contar cun camiño, cunha ponte que cruzase un río, con calquera xeito de hospedaxe no que repoñer as forzas era todo a canto se podía aspirar. Alí estaba xa, no remate dunha das súas etapas do Camiño Francés, a vila de Portomarín. Hoxe non hai que facer o camiño para achegármonos a este concello. Nin tan sequera temos que pisalo fisicamente. Unha ollada a Google, e en pouco máis de catro décimas de segundo ofrécenos nada menos que dous millóns oitocentas cincuenta mil entradas, nas que está presente Portomarín. O maior proxecto que se deu ata agora para conxuntar o coñecemento humano, a Wikipedia, aínda ofrece unha visión deturpada do topónimo, sinalando como nome Puertomarín, malia que recoñece a existencia do oficial.
Page Count:
72
Publication Date:
2011-11-01
ISBN-10:
8415078242
ISBN-13:
9788415078241
No comments yet. Be the first to share your thoughts!