
Primeiro volume dunha serie de Literatura Universal Contemporánea que fala do movemento romántico, analizando o prerromanticismo, o romanticismo británico, o norteamericano, o alemán, o francés, o italiano, o portugués e, finalmente, o ruso. Realízase, en primeiro lugar, unha exposición teórica sobre os trazos propios da literatura, dos autores e das súas obras, seguido dunha antoloxía de textos literarios, traducidos ao galego, agás os portugueses pola súa comprensibilidade. Recóllense despois unhas actividades propostas para analizar os textos e as obras que se suxiren para a súa lectura íntegra, finalizando cunha listaxe de filmes baseados en obras románticas aludidas anteriormente. De grande utilidade tanto para o profesorado e o alumnado como para calquera persoa interesada en ter unha completa visión do máis destacado do movemento romántico.
Page Count:
152
Publication Date:
2003-01-01
ISBN-10:
8496128199
ISBN-13:
9788496128194
No comments yet. Be the first to share your thoughts!