
Product Description Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade. Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuais diversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos, conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia á observación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, da reflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ou unha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmente apreixable e expresable. O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibe así un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren. About the Author Francisco Pillado Maior (A Coruña, 1941). Cofundador e director, até o ano 2012, de Edicións Laiovento, dirixiu tamén os Cadernos da Escola Dramática Galega, os Cadernos da Sala «Luis Seoane» e a revista Casahamlet. Tamén versionou e traduciu ao galego obras de Federico García Lorca, Antón Chekhov, Osvaldo Dragún, Jean Genet, Michel de Ghelderode, Samuel Beckett, Jean-Paul Sartre e Mario Benedetti. Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemario
Page Count:
154
Publication Date:
2017-01-01
ISBN-10:
8491211330
ISBN-13:
9788491211334
No comments yet. Be the first to share your thoughts!