
O poeta, cando escribe, é coma se percorrese un camiño esquecido, coma se recuperase un espazo no que de repente se volve orientar. O pan da tarde é a celebración dese reencontro. Xavier Rodríguez Baixeras deténse a mirar o que existe en perpetua mutación. Desde un tempo precario, con fervor, busca o fondo no que se depositan as palabras, o pouso que a vida non sabe devolver. A plenitude que desacouga, o que retorna pero nunca se deixa apreixar.
Page Count:
107
Publication Date:
2006-01-01
ISBN-10:
8482888900
ISBN-13:
9788482888903
No comments yet. Be the first to share your thoughts!