
Cuarto volume dunha serie de Literatura Universal Contemporánea que trata os diversos "ismos" que se manifiestan entre a segunda e a terceira década do pasado século XX. Abandónase nesta unidade a estruturación por países e linguas das diversas manifestacións literarias e abórdase o seu enfoque por movementos. Como actividades, nesta unidade propóñense a lectura e a análise da novela. A metamorfose, de Franz Kafka, e o comentario de diversos textos poéticos, que se ofrecen nas súas versións orixinais coas correspondentes traducións á nosa lingua, agás nos casos da literatura portuguesa, que se presentan tan só en versión orixinal. Entre os textos poéticos, inclúense para a súa lectura e análise varios de Fernando Pessoa, un dos creadores máis interesantes da literatura do século XX. De grande utilidade tanto para o profesorado e o alumnado como para calquera persoa interesada en ter unha completa visión do máis destacado das vangardas.
Page Count:
128
Publication Date:
2004-01-01
ISBN-10:
8496128512
ISBN-13:
9788496128514
No comments yet. Be the first to share your thoughts!