
Product Description <br/>Cando se fan cento cincuenta anos da publicación de Cantares gallegos, A miña primeira Rosalía é unha homenaxe a Rosalía de Castro, que puxo a súa voz e a súa vida ao servizo da dignificación da nosa lingua, das mulleres e dos desfavorecidos, en tempos nada propicios. Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e doce poemas musicados e cantados. Inclúe CD con interpretacións de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra: 1. O forno está sin pan 2. Vente, rapasa 3. Tecín soia 4. Paseniño 5. Lévame a aquela fonte cristaíña 6. No ceo, azul crarísimo 7. Miña Santa Margarida 8. Negra sombra 9. A xusticia pola man 10. Vamos bebendo 11. Máis ó que ben quixo un día 12. A Rosalía<br/> About the Author <br/>Exerceu como mestre de Educación Primaria en colexios de Ferrol, A Coruña, Terrassa e novamente Ferrol. Foi director dos colexios de Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías. Actualmente está xubilado. Membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega, da que pertenceu ao seu secretariado nacional moitos anos, foi presidente no período 2004-08 e actualmente vicepresidente. Coautor e/ou coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica. Coordinador e/ou coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, coas ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino: Dicionario Xerais da Lingua; as series O Noso Galego, Canles, Ámote, mundo!, Nobelos de papel, Labia, Lingua, Os libros de Merlín, Colección Merlín de literatura infantil... editados por Edicións Xerais.
Page Count:
80
Publication Date:
2013-11-19
ISBN-10:
8499145590
ISBN-13:
9788499145594
No comments yet. Be the first to share your thoughts!