
As an Amazon Associate and affiliate partner, Menrva Books earns from qualifying purchases. Learn more
Product Description O proxecto Celme para Filosofía baséase nos contidos curriculares e parte do contexto do alumno co fin de fomentar a práctica filosófica na aula. Apostamos pola comprensión de textos, o fomento do pensamento abstracto e a construción de razoamentos lóxicos e éticos. Orientado a entender a filosofía non só como un saber, senón como unha ferramenta para desenvolver as habilidades que fomentan o pensamento crítico.O proxecto baséase na metodoloxía do programa Filosofía para Nenos. Foméntanse o diálogo na aula con actividades en grupo e a construción do pensamento filosófico do alumno perfeccionando a linguaxe para pensar con claridade. Ponse atención no desenvolvemento de habilidades de pensamento, como detectar falacias, formular hipóteses, dar boas razóns, facer analoxías, poñer exemplos ou desenvolver o pensamento creativo.Acompañamos a exposición de contidos con propostas de comentarios de texto, disertacións, plans de diálogo, dilemas morais e análise de películas. Book Description Dámoslle gran peso ao desenvolvemento das destrezas cognitivas: a disertación, o comentario de texto, as habilidades de pensamento e a reflexión sobre dilemas morais.
Page Count:
319
Publication Date:
2015-01-01
Publisher:
SM Xerme
ISBN-10:
8498545196
ISBN-13:
9788498545197
No comments yet. Be the first to share your thoughts!