
Nas últimas décadas, creceu a preocupación da poboación pola hixiene e a seguridade dos alimentos. Os consumidores queren que se lles garanta que os produtos alimentarios que adquiren, así como os menús que inxiren en restaurantes e outros establecementos de cáterin, sexan seguros, nutritivos e salubres, e que a tecnoloxía utilizada na súa elaboración cumpra as normas mínimas de calidade. O manipulador de alimentos pode influír decisivamente na saúde dos consumidores. Así mesmo, pode provocar unha contaminación dos alimentos que manexa, motivada por unhas prácticas de manipulación incorrectas ou debido a unha falta de hixiene, xa sexa persoal, dos utensilios, superficies, equipos, etc. Neste material didáctico móstranse os contidos necesarios para a formación de calquera manipulador de alimentos. Ideaspropias Editorial preséntalle este manual co fin de proporcionarlles aos manipuladores de alimentos unhas normas básicas sobre as correctas prácticas hixiénicas de manipulación e para facelos partícipes da importancia dun manexo seguro dos alimentos.
Page Count:
244
Publication Date:
2009-10-27
Publisher:
Ideaspropias Editorial
ISBN-10:
8498391695
ISBN-13:
9788498391695
No comments yet. Be the first to share your thoughts!